Respuesta a: Mi hija hablaba gallego hasta que empezó el instituto

Inicio Foros Debates de actualidad Injusticias Mi hija hablaba gallego hasta que empezó el instituto Respuesta a: Mi hija hablaba gallego hasta que empezó el instituto

silva
Invitado


silva on #1152626

ola!!
eu non son nai nin profe, polo que igual non podo ser de moita axuda. creo que o que está vivindo a túa filla é (tristemente) normal, e lle pasa a moita xente nova. persoalmente, creo que sería bo que tiveras unha conversa con ela ao respecto, como dicías. non en plan bronca, senón para que entenda a túa visión. creo que transmitirlle a importancia da lingua, sen impoñerlla, pode facer que reflexione. quizais non agora, pero si máis adiante. ao final é normal ir cambiando na adolescencia, agora quizais fale castelán e máis adiante retome o galego; iso tamén pasa moito. por outra parte, o que dis de coñecer influencers e músicas modernas galeas creo que é boísima idea. agora temos a sorte de ter referentes moi bós e «guais» máis aló das tanxugueiras, coma Mondra, Fillas de Casandra, Alana, Caamaño e Ameixeiras… se non as coñecedes, igual sería chulo escoitalas xuntas. hai unha instagramer tamén que se chama prado rúa, non sei se a coñeces. quero dicir, que son como referentes «cool» para as nenas, que igual non conectan con Leilía, pero si coas Fillas de Casandra, por exemplo :) bueno, non sei se sirve de algo, pero che mando moito ánimo! e estate tranquila, o galego vai ser sempre a súa lingua materna :)


🌸 Envía tus movidas a [email protected]
👑 Los mejores chollos para ahorrar https://whatsapp.com/channel/0029VaCFabI1nozF5ZslTp3u